A cantina

“Que o alimento sexa a túa medicina”

 

Como sabemos o importante e pracenteiro que é a boa cociña, en Terra Alma queremos darlle un lugar especial á alimentación.

 

A nosa proposta é unha cociña vexetariana de calidade, caseira, sinxela pero con bos produtos de proximidade, e saudables.

 

Queremos facer receitas de pratos máis tradicionais, e tamén traer receitas de diferentes culturas do mundo, que son máis difíciles de atopar no contexto rural.
Para elo o noso menú será sinxelo e variado, buscando un equilibrio segundo a época do ano e adaptándonos ós produtos de tempada.

 

Queremos compartir con vos receitas e experiencias entre lumes, e organizar tamén cursos e obradoiros de cociña.

 

Aquí vos deixamos as nosas primeiras receitas: